Unha muller resulta ferida tras envorcar co seu coche en Vilaboa
Por Redacción
Unha condutora tivo que ser atendida este luns 17 de agosto polos servizos de urxencias sanitarias tras sufrir un envorco co seu vehículo no municipio pontevedrés de Vilaboa.
Concretamente, informa o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, o accidente produciuse ao redor das 15:45 horas na estrada N-554.
A pesar do envorco a muller puido ser liberada polo persoal sanitario sen necesidade de requirir o uso de material de excarceración dos Bombeiros do Morrazo.
Segundo o 112 Galicia, foi un particular o que alertou do suceso, trasladándose nese momento o aviso ao persoal do 061, Bombeiros do Morrazo, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Vilaboa.