O punto limpo de Meaño xa está adaptado para xestionar residuos electrónicos
Por Redacción
O deputado de Economía e Réxime Interior, Carlos López Font, xunto ao alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, visitaba as obras realizadas no punto limpo do municipio, no marco do proxecto europeo ESTRAEE de reciclaxe do lixo electrónico promovido pola Deputación.
A actuación, cun orzamento total de 38.655,73 euros entre obras e subministracións, permitiu adaptar o punto limpo co obxectivo de acondicionalo de cara á recollida e xestión dos Residuos Eléctricos e Electrónicos. "Creo que estamos dando unha resposta moi satisfactoria ás necesidades da veciñanza e estamos contribuíndo de forma decisiva á transición ecolóxica e á mellora do medio ambiente, e isto pasa necesariamente por unha correcta xestión dos residuos", subliñou Carlos Font.
O deputado provincial amosou a súa preocupación polos datos que amosan que "os residuos eléctricos e electrónicos incrementáronse nos últimos anos nun 17% e prevese que de aquí ao 2030 aumenten o dobre". Pola súa banda, o alcalde de Meaño agradeceu á Deputación de Pontevedra pola súa colaboración e coincidiu con Carlos Font en que a xestión do lixo electrónico "estase a incrementar cada ano" e destacou que durante a pandemia o punto limpo aumentou considerablemente o seu uso.
Os traballos que se desenvolveron no punto limpo de Meaño consistiron en subministrar sistemas de vixilancia, de control de accesos ao almacén, de control de accesos de vehículos, gaiolas e estantes, equipos informáticos e transpaletas, que son máquinas para o movemento de palés que precisamente foron entregadas a semana pasada pola Deputación. Tamén se demoleu a soleira para mellorar a drenaxe das augas pluviais, colocouse iluminación no almacén, modificáronse as portas de acceso e dotouse de sistema de protección de incendios. Así mesmo, instalouse un ecopunto entregado pola Deputación formado por tres caixas para depositar pilas e baterías; móbiles e tablets; e cargadores e cables.
Relacionadas:
-
A Deputación edita una guía sobre xestión de 'lixo electrónico'
Por Redacción |
-
Bueu instala na Casa do Concello un punto para depositar aparellos electrónicos
Por Redacción |
-
A Deputación entrega maquinaria para o proxecto de reciclaxe do "lixo electrónico"
Por Redacción |
-
A Deputación leva aos concellos adheridos ao ESTRAEE 'miniecopuntos informativos' onde reciclar móbiles e tablets
Por Redacción |
-
A Deputación reactiva as obras nos ecocentros de xestión de residuos para a súa estrea no verán
Por Redacción |