Acaba de pasar a fin de semana con máis citas festivas do ano. Dous dos sectores para os que o verán supón o seu maior apoxeo de actividadeson os da pirotecnia e as atraccións feirais. En PontevedraViva Radio charlamos con Arturo Penide, xerente de Pirotecnia Penide e con Menchu Camarero, propietaria de Atracciones de feria Camarero.
No caso de Arturo, en condicións habituais só en espectáculos nocturnos, a estas alturas de ano, realizase preto de 35, esta vez unicamente ten pechados dous - un deles o formato para este ano do combate naval; e en canto afestas poderían superar as 800 e este ano "nin 80". A situación é "demoledora, con perdas do 90% da facturación ao que hai que engadir os gastos fixos que hai que asumir".
Traemos tamén a Mentres isto dure a Autoestradas Camareiro é unha empresa que no sector leva máis de 75 anos. "É algo impensabile e unha situación na que o noso sector foi ignorado por completo"; uns 40.000 autónomos en España. Desde as pasadas festas de San Froilán, en outubro, non se volveron a instalar nunhas festas, cando en condicións normais, desde a onomástica de San Xoán, todas as semanas van cambiando de lugar coa súa correspondente festa.
A nivel nacional e tamén autonómico estes autónomos mobilizáronse, pero lamentan que seguen igual que o primeiro día, así que a estas alturas: "o único que vemos posible para salvar a situación é un rescate; porque se non este sector están a abocalo á desaparición".