Poio reforza as tarefas de limpeza ante o aumento de visitantes en agosto
Por Redacción
O Concello de Poio está intensificando os traballos de limpeza que se desenvolven de xeito periódico nas rúas e espazos públicos ante o incremento de turistas durante o mes de agosto.
O alcalde de Poio, Luciano Sobral, explica que, se ben se trata de labores habituais, ante a progresiva chegada dun maior número de visitantes nestas semanas de agosto, "é preciso redobrar estes esforzos".
Por este motivo, o Concello de Poio solicitou á empresa responsable da recollida de lixo, Valoriza, que aumente a periodicidade destas tarefas.
Tal e como sinalou o rexedor, estes traballos lévanse a cabo a primeira hora da mañá, para que o labor dos operarios non se vexa afectado polo tránsito de persoas.
Na mañá deste venres, os operarios estiveron traballando no reforzo da limpeza no casco histórico de Combarro, a zona de maior afluencia de visitantes do municipio.
Relacionadas:
-
Poio pechou agosto mantendo unha ocupación turística do 70%
Por Redacción |
-
O PP de Poio denuncia o abandono de Vilariño e Fragamoreira: "seguen sen auga nin saneamento"
Por Redacción |
-
Poio promove o servizo de recollida de residuos voluminosos
Por Oskar Viéitez |
-
Dous meses retirando toneladas de algas na ría de Pontevedra para evitar a mortaldade das ameixas
Por Redacción |
-
O concello arranxa en Combarro os Camiños da Bouza e Real
Por Redacción |