Sanidade decreta o peche do lecer nocturno e a hostalería non poderá aceptar novos clientes a partir de medianoite
Por Redacción
O Ministerio de Sanidade decretou este venres o peche da hostalería en toda España a partir das 1.00 horas. O ministro Salvador Illa, despois de reunirse cos presidentes das comunidades autónomas para analizar o avance da pandemia, ordenou o peche inmediato de discotecas e bares de copas, a prohibición de fumar na rúa se non se cumpre a distancia de dous metros entre persoas e a entrada de novos clientes nos establecementos hostaleiros a partir das doce da noite. A medida vai aplicarse a vindeira semana cando apareza publicada nos boletíns oficiais de cada comunidade autónoma.
"Estas medidas foron aceptadas por unanimidade”, recoñeceu o ministro. Trátase dun paquete de once medidas entre as que se atopan a separación mínima de metro e medio entre persoas nas barras e mesas da hostalería, sector no que o número máximo de clientes por mesa pasará a ser de dez.
Nos centros sociosanitarios, limítanse as saídas dos internos e as visitas a unha persoa por residente e coa duración máxima dunha hora ao día. Unha medida que se poderá exceptuar no caso de pacientes “ao final das súas vidas”.
O ministro tamén anunciou que se establece a obrigación de facer cribados con PCR a grupos específicos no caso de que haxa un brote epidémico. Por exemplo, en centros sociosanitarios, en barrios ou en centros educativos se fose o caso.
Finalmente, o ministro engadiu varias recomendacións: que a cidadanía limite os encontros sociais aos seus grupos de convivencia estable e a un máximo de 10 persoas. Tamén que nos centros sociais e residencias fáganse PCR de forma periódica para asegurar que non hai ningún traballador con coronavirus.
Relacionadas:
-
Pontevedra, unha cidade con poucos incumprimentos: só 37 cidadáns denunciados por non levar máscaras
Por Natalia Puga |
-
Vilagarcía permite aos locais nocturnos reorientar a súa actividade para evitar o seu peche
Por Redacción |
-
Boa resposta de profesores e temporeiros ao inicio dos test rápidos de cribado para saber se teñen ou tiveron Covid-19
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Asociación de Hostaleiros: "estase a criminalizar o lecer nocturno polas actitudes irresponsables de determinadas persoas"
Por Redacción |
-
Un espectador do concerto de Baiuca, denunciado por non levar máscara e encararse cos axentes da Policía Local
Por Redacción |
-
Marín suspende a súa festa corsaria
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A incidencia do coronavirus volve subir en Pontevedra, con oito positivos máis nun día
Por Natalia Puga |
-
A Xunta prohibe fumar en rúas e terrazas se non hai distancia de dous metros entre as persoas
Por Redacción | Creada e actualizada