Guardia Civil, Policía Nacional e Local velarán polo cumprimento da nova normativa sanitaria da Xunta
Por Redacción
A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, mantivo este xoves un encontro por videoconferencia cos mandos da Garda Civil e da Policía Nacional na provincia para analizar a situación tras a nova normativa da Xunta en materia de loita contra a Covid-19 publicadas o mércores 12 de agosto no Diario Oficial de Galicia.
Larriba subliñou que os corpos e forzas de seguridade do Estado veñen colaborando e facendo cumprir a normativa da comunidade autónoma desde o mesmo día de levantamento do estado de alarma “momento en que as competencias lexislativas correspóndelle as comunidades autónomas así como o seu proceso sancionador”.
Na reunión telemática participaron o coronel xefe da Garda Civil de Pontevedra, Simón Venzal; a comisaria xefe accidental do Corpo Nacional da Policía da provincia, Monserrat Hernández; e o comisario xefe de Vigo, Carlos Valcárcel. A subdelegada agradeceulles aos mandos policiais o traballo que veñen desenvolvendo desde a declaración da pandemia.
“Foron meses moi complicados cunha situación nunca vista e as forzas de seguridade do Estado souberon estar a altura cumprindo con todas as directrices desde o mando único. Pero tamén mantivestes ese mesmo compromiso coa nova normalidade e facendo cumprir coas novas normas establecidas pola Xunta de Galicia desde o pasado 12 de xuño”, lembrou Maica Larriba.
A subdelegada tamén destacou a coordinación que manteñen tanto a Policía Nacional como a Garda Civil coas policías locais dos concellos da provincia establecendo operativos conxuntos para facer cumprir as normas sanitarias.
Larriba planificou os operativos que serán necesarios para aplicar a nova norma da Xunta sobre o consumo de tabaco nas rúas e nas terrazas dos establecementos de hostalería. Por último, volveu facer un chamamento a responsabilidade da cidadanía para respectar as normas e colaborar de maneira individual na loita contra a pandemia. “Sempre temos que estar a lembrar que o virus aínda está entre nós e non podemos baixar a garda”, concluíu.
Relacionadas:
-
A ocupación de vivendas "non é un problema real" en Pontevedra, segundo o Goberno
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Policía Nacional e Guardia Civil intensificarán a vixiancia nas zonas de ocio nocturno e nos botellóns
Por Redacción |
-
Rueda asegura que a vixilancia policial e as sancións son "necesarias" porque "sempre hai xente insolidaria"
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta prohibe fumar en rúas e terrazas se non hai distancia de dous metros entre as persoas
Por Redacción | Creada e actualizada