Autocaravaneros, estas son as normas que establece Poio ante o aumento destes vehículos na Seca
Por Redacción
O Concello de Poio establece unha serie de normas para regular a presenza e estacionamento de autocaravanas na área de servizo da Seca, na parroquia de San Xoán. Unha presenza que este verán incrementouse de forma considerable ao usarse como alternativa vacacional neste contexto de pandemia sanitaria.
Así, desde este mesmo venres 14 de agosto e ata que finalice este mes queda restrinxido o número de autocaravanas a un máximo de dez, que son as prazas de disponas este recinto e cunha estancia máxima de 72 horas. No caso de que todas estean ocupadas poderase usar de forma provisional a chaira do campo de billarda, pero por un tempo máximo de 24 horas.
Para asegurar o cumprimento destas normas, a Policía Local de Poio realizará controis desde este venres, para garantir o cumprimento de límite de aforo como de tempo de estancia. Advírtese ademais, que se impoñerán sancións a quen non respecten estas medidas.
A concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas, sinalou que "o Concello de Poio aposta por promover o turismo, e no caso das autocaravanas non é unha excepción. Con todo, non podemos obviar que nesa zona é necesario garantir as prazas de estacionamento para veciños e visitantes; así como para o sector marisqueiro que traballa alí de forma habitual".
Ao mesmo tempo, avanzou que a intención do Concello é mellorar a área de servizo da Seca, pero que require tempo, de forma que agora o que se precisa é "garantir que se poida compaxinar o turismo de autocaravanas sen que se produzan problemas pola entrada masiva de vehículos na Seca".
Relacionadas:
-
Autorízase o aparcamento de autocaravanas no campo de billarda durante a Semana Santa
Por Redacción |
-
Conclúe o prazo excepcional para o estacionamento de autocaravanas no campo de billarda da Seca
Por Redacción |
-
Fondos europeos para atallar a sangría eléctrica do ximnasio da Seca en Poio
Por Redacción |
-
Autocaravanas e casas rurais, o turismo da nova normalidade
Por Manu Otero |
-
Marín prepárase para recibir autocaravanas
Por Redacción |
-
Máis dun milleiro de autocaravanas utilizaron a área habilitada en Tafisa
Por Redacción |