César Poza, aposta do PSOE para substituír ao dimisionario alcalde de Vilaboa
Por Redacción
O PSdeG-PSOE de Vilaboa xa ten as cartas boca arriba. A súa aposta para substituír a Francisco Costa, que renunciou ao cargo de alcalde por motivos persoais o pasado día 7 de agosto, é César Poza González.
Os seus compañeiros socialistas pensaron nel como "aposta de futuro" e destacan que reúne experiencia, coñecemento, ímpeto e unha clara vocación de servizo, tal e como quedou de manifesto co seu traballo á fronte de áreas como Cultura, Educación, Deportes ou Novas Tecnoloxías en diferentes mandtdos desde o ano 2005.
César Poza porque está curtido na política municipal da man do ex-alcalde Luís Poceiro, aínda que neste mandato non lograra a acta de concelleiro. Está previsto que no Pleno da Corporación do 20 de agosto tome posesión da súa acta en substitución de Francisco Costa e nesa mesma sesión os seus compañeiros proporán o seu nome como alcalde.
Poza aceptou a proposta do partido e. quere resaltar o gran labor que realizou o seu predecesor no seu curto tempo de mandato. Así, destaca que "o seu adeus é unha pena, as circunstancias ás veces non che acompañan, pero o seu traballo aí está".
Ademais, xa avanzou que, se finalmente é elixido como alcalde, ten como obxectivo estar en permanente contacto cos veciños. "O meu despacho estará sempre aberto a todo o mundo. Vou ser un alcalde do montón de rúa, de visitar cada barrio, de vivir o día a día de Vilaboa", asegurou.
O candidato do PSOE recoñece que este mandato é excepcional debido á actual pandemia da Covid-19 e que require do compromiso de todos para paliar na medida do posible os seus efectos. A este respecto, confía en contar co apoio de todos os grupos municipais porque "nestes tempos, os políticos debemos estar á altura dos cidadáns, e eles esperan de nós ese consenso necesario para sacar adiante aqueles proxectos que melloren o seu día a día".
Relacionadas:
-
César Poza estrea a alcaldía de Vilaboa cunha reestruturación do goberno local
Por Redacción |
-
César Poza convértese en alcalde de Vilaboa con maioría simple
Por Redacción |
-
Rompe o Bipartito de Vilaboa: o BNG deixa o goberno, pero apoiará a elección de César Poza
Por Redacción |
-
Cisma no bipartito de Vilaboa tras a dimisión do alcalde: o BNG acusa de "desleal" ao PSOE e analiza a súa continuidade
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Francisco Costa deixa a alcaldía de Vilaboa tras 13 meses de mandato por "motivos persoais"
Por Redacción |