Anuncian a limpeza e varrido de Juan Carlos I
Por Redacción
Entre a madrugada e a mañá deste xoves 13, a avenida Juan Carlos I, desde a rotonda de San Mauro ata a rotonda de Loureiro Crespo, someterase a unha intervención de limpeza, dentro da actividade que a Concellería de Limpeza viaria, que xestiona Raimundo González, está a desenvolver durante estas datas en diversos barrios do municipio.
A zona de estacionamento estará valada desde a tarde deste mércores e quedará prohibido o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. O guindastre municipal retirará aqueles vehículos que permanezan estacionados na zona.
A limpeza levará a cabo con máquinas de varrido e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na calzada e nos seus laterais. Desde a concellería piden a colaboración da veciñanza e dos condutores para facilitar os traballos e garantir así un bo resultado neste labor. Tamén o goberno local pide desculpas polos inconvenientes que poida ocasionar a execución desta actividade.