163 nacementos engrosan a poboación de Ponte Caldelas no últimos cinco anos
Por Redacción
Un total de 163 nacementos levan producindo no municipio de Ponte Caldelas desde xuño de 2015, dos cales 88 foron nenos e 75 foron nenas. Segundo os datos que ofrece o Instituto Nacional de Estatística, - actualizados ata 2018 - o municipio rexistra unha perda de poboación, xa que pechaba o ano 2015 con 5.540 habitantes e pese a un repunte no 2016, concluía o ano 2018 con 5.491 habitantes.
A cifra actualizada de nacementos correspóndese cos datos que ten o Concello caldelano por mor da iniciativa que leva a cabo o seu actual alcalde, Andrés Díaz. Trátase de dar unha benvida coa entrega de 'O libro do bebé' aos familiares de cada un destes novos veciños do municipio.
Un pequeno obsequio que tamén se acompaña dunha carta de felicitación por parte do rexedor. Estes exemplares permiten recompilar un álbum de recordos con fotografías, datas sinaladas ou primeiros momentos de cada menor.
O alcalde facía unha recensión moi positiva deste pequeno agasallo "que se entrega a todos os nenos que nacen no municipio e que supón unha cariñosa benvida ás nenas e nenos que no futuro encherán de alegría as rúas e prazas de todo o municipio".
Relacionadas:
-
O Concello de Ponte Caldelas presenta ao sector local a web que facilitará o comercio electrónico
Por Redacción |
-
O pleno de Ponte Caldelas aproba a subida salarial dos traballadores municipais
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas activará un portal de venda online para os negocios da vila
Por Redacción |
-
Un libro en branco e unha carta de benvida, agasallo para os nenos nacidos en Ponte Caldelas
Por Redacción |