A vila de Marín chorrea para manterse limpa
Por Redacción
Operarios do servizo de limpeza desenvolven durante esta semana de agosto tarefas de chorreo de auga por diferentes rúas do centro urbano da vila. A acción comezaba nas zonas de Exército e Mariña, Tiro Naval Janer, Rúa do Sol e a primeira parte de Concepción Arenal, ata a zona do templo novo.
Ao longo desta semana está previsto que finalicen estos traballos aplicándose o sistema de chorreo e limpeza en todas as rúas do centro urbano. Desde o goberno local, que lidera María Ramallo, pídese aos locais de hostalería e aos propietarios de comercios que colaboren e entendan as incomodidades que supón a posta en marcha deste servizo necesario.
Tamén alertan aos propietarios de cans que é obrigatoria a recollida dos excrementos dos animais e a limpeza de ouríños. As multas establecidas por non recoller as deposiciones destas mascotas alcanzan un máximo de 750 euros.
Desde o goberno local lembran que #ante a crise sanitaria provocada pola Covid-19 é preciso levar a cabo estes traballos de limpeza e desinfección dos lugares comúns do municipio.