Segundo atraco a pleno día no centro nunha semana
Por Natalia Puga
O luns pasado, 12 de agosto, un home armado e coa cara tapada atracaba unha panadaría ás 14.25 horas. Este martes, unha semana despois, repetíase a escena, esta vez, nun supermercado, e moi preto do mediodía tamén, ás 12.30 horas. Produciuse o segundo atraco nunha semana a plena luz do día nun establecemento de alimentación de Pontevedra.
Este martes aconteceu na rúa Echegaray, no supermercado da cadea Día e a Policía Nacional xa abriu unha investigación para esclarecer o sucedido e determinar se pode ser obra da mesma persoa.
Nesta ocasión, a vítima foi unha das caixeiras do supermercado e a persoa responsable do atraco chegou coa cara tapada e intimidouna cunha pistola que haberá que determinar se era real ou simulada para pedirlle que lle entregase todo o diñeiro da caixa.
Relacionadas:
-
O atracador á caixeira en Monte Porreiro: "Dame lo que tengas que me voy"
Por Oskar Viéitez |
-
Terceiro atraco, mesmo modus operandi: un home coa cara tapada e pistola en man
Por Natalia Puga |
-
Un home armado e coa cara tapada atraca unha panadaría en pleno día e leva toda a recadación
Por Natalia Puga |