PontEmprende bota o peche tras 14 sesións formativas que cruzaron fronteiras
Por Redacción
O ciclo de formación virtual PontEmprende rematou esta semana cunha grande acollida de asistentes durante as 14 sesións que se impartiron desde o seu inicio o 20 de xullo.
Este proxecto que está orientado a autónomos e PEMES naceu no ano 2018 e tivo que transformarse este ano, a raíz da Covid-19, para converterse nun espazo formativo online, onde mediante videoconferencias (webinars) trataron diversos temas relacionados co mundo dos negocios e o mercado actual.
A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, clausurou o ciclo, un espazo de encontro virtual entre emprendedores e expertos formadores e profesionais experimentados en diversas áreas do emprendemento, coa fin de dar unha base firme para entender mellor a dimensión dos cambios que se produciron e potenciar unha actitude de reacción inmediata que poida favorecer ao comercio local e as pequenas empresas da nosa contorna.
O programa contou con relatores que viñeron de áreas tan diversas como o marketing dixital, o neuromarketig e intelixencia comercial, a intelixencia emocional, as finanzas, a asesoría de empresas ou a formación, tocando temas de moita actualidade para os emprendedores e comerciantes, coa fin de achandarlle o camiño que teñen agora por diante e axudar a facer os seus negocios mais competitivos e viables.
Houbo persoas que se conectaron á plataforma virtual desde diversas partes de España e desde outros países de todo o mundo como Francia, Portugal, Italia e Inglaterra, EEUU, México, República Dominicana, El Salvador, Honduras, Nicaragua, Panamá, Venezuela, Colombia, Ecuador, Perú, Brasil, Chile, Paraguay, Argentina e Uruguay. O caso máis anecdótico, foi o de una española que se conectou desde Corea do Sur.
PontEmprende desenvolveuse desde o luns 20 de xullo ata este xoves 6 de agosto con videoconferencias diarias.
Relacionadas:
-
FormaEmprende 2021 axudará a relanzar os negocios locais cun foro formativo virtual gratuíto
Por Redacción |
-
RADIO.- Fran Ferreirós, o filmmaker pontevedrés no que se fixaron Huawei, Adobe ou UDX
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Un cambadés patenta o uso de cunchas de vieira como material de revestimento de paredes
Por Marisa Ciordia |
-
Volve Foro PontEmprende con especialistas en marketing dixital e xestión de finanzas
Por Redacción |