Cinco persoas feridas nunha colisión de madrugada entre dous vehículos en Noalla
Por Redacción
Cinco persoas resultaron feridas de diversa consideración e tiveron que ser trasladadas a centros médicos por mor dunha colisión entre dous vehículos rexistrada na madrugda deste sábado a ete domingo en Sanxenxo.
O sinistro produciuse na estrada EP-9208, ao seu paso polo lugar de As Pontes, en Noalla a medianoite, segundo a información facilitada polo 112 Galicia.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente a través da chamada de alerta dun dos ocupantes dos turismos implicados. No seu relato, indicaba que as persoas estaban liberadas e accesibles aínda que necesitaban asistencia sanitaria.
Desde o 112 pediuse a colaboración dos servizos médicos de urxencia, dos Bombeiros do Salnés e dos efectivos do GES de Sanxenxo.
Emerxencias Sanxenxo confirma que o 061 tivo que trasladar a varios feridos leves con contusións.
Para garantir as condicións de seguridade na vía, tamén se avisou aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.