O dono do pub Moncloa ante o positivo por Covid-19 do porteiro do local: "no hay que alarmar a la gente"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
Alerta entre os pontevedreses polo positivo por coronavirus que afecta o porteiro do pub Moncloa en Pontevedra.
Segundo o dono do local, "alertaron del positivo el miércoles, pero no tenía síntomas". Ante esa situación, falaron coas autoridades competentes e estableceron o protocolo sanitario oportuno "nos dijeron que la gente no tenía riesgo, solo los trabajadores" xa que, despois do peche, quedaron a celebrar uns aniversarios e "al comer sin mascarilla había más peligro", afirma.
A pesar diso, "los resultados PCR que nos hicimos el viernes dieron todos negativo", por iso quere alertar dos bulos que están a circular polas redes sociais e mandar unha mensaxe de tranquilidade "no hay que alarmar a la gente, es un asunto que solo nos atañe a nosotros", á fin e ao cabo, "por circunstancias éramos los que más riesgo teníamos y hemos dado negativo".
Os traballadores estarán nas súas casas ata que se sometan ao segundo test, que será entre o luns e o martes. Por iso, ante a opción do peche do local, está a pensar en abrir baixo mínimos xa que, ata a segunda confirmación do test negativo, non poderá contar con todos eles por precaución