Detido en Poio por golpear a súa parella en presenza dun bebé
Por Redacción
A Policía Local de Poio detivo esta semana un home de 28 anos como presunto responsable dunha agresión machista por golpear a súa parella sentimental en presenza dun bebé de corta idade
Segundo a información facilitada polo Concello de Poio, como consecuencia do ataque, a muller tivo que ser atendida nun centro de saúde, ao sufrir feridas de carácter leve.
Os feitos tiveron lugar o martes 4 de agosto no propio domicilio da parella, situado na parroquia de San Salvador de Poio. O home foi detido sobre as 11.00 horas e nesa mesma xornada xa foi posto a disposición xudicial.
A Policía Local tramitou este caso de violencia machista a través da plataforma Xespol, que desde principios de ano inclúe un acta de campo específica para cuestións vencelladas a casos de violencia machista, o que permite aos axentes recabar datos no lugar dos feitos, axilizando, deste xeito, todo o proceso administrativo.