A humanización da PO-308, desde A Granxa ata A Lanzada, entra na súa recta final
Por Redacción
Camiñar desde A Lanzada ata Portonovo de forma ininterrompida e segura é xa unha realidade.
Segundo informaron desde o Concello de Sanxenxo, a Consellería de Infraestruturas está a ultimar os detalles dos dous tramos en obras da PO-308 (A Granxa- Nanín e Portonovo-Major), actividade que se viu afectada polo parón obrigado e a falta de subministracións que provocou a Covid-19.
Estes dous tramos, máis o que vai de Major á Lanzada permitiu converter unha estrada convencional nun vial humanizado, un bulevar ao longo de case 18 quilómetros cun investimento que supera os 12 millóns de euros. A pesar de que se prevé que os traballos conclúan nas próximas semanas, a falta de pequenos remates e sinalización vertical, son xa moitas as persoas que utilizan esta senda para os seus desprazamentos e paseos para gozar do litoral do municipio diariamente.
O tramo Portonovo a Major de 4.960 metros inclúe unha senda en ambos os lados, con tramos de pasarela de madeira na curva de Paxariñas e á altura da praia de Montalvo, a mellora das interseccións de acceso ás praias de Canelas e Montalvo, coa execución de novas glorietas, que habilitan cambios de sentido. Tamén se ampliaron as paradas de autobús para que os vehículos non teñan que parar na estrada interferindo na circulación, e instaláronse sistemas de recollida de augas e canalizacións que permitan, nun futuro, a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.
A piques de terminar tamén se atopa a actuación do tramo entre Areas e Nanín que xa contaba con beirarrúas. O proxecto que supuxo un investimento de 420.000 euros inclúe o asfaltado e pintado do tramo, unha rotonda de acceso á praia de Areas, un dos puntos negros de tráfico na zona, así como a mellora da seguridade viaria nas interseccións e a accesibilidade ás paradas de bus. Nesta obra tamén faltan pequenos remates como o pintado e a sinalización.
Relacionadas:
-
Luz verde á urbanización do polígono da Granxa, en Sanxenxo, cun 20 % menos de vivendas
Por Redacción |
-
Acondicionan as zonas verdes da nova senda da PO-308 entre Portonovo e A Lanzada
Por Redacción |
-
A oficina de Turismo de Sanxenxo recibe decenas de consultas diarias sobre a seguridade sanitaria deste destino
Por Redacción |
-
Reparan o sendeiro ao carón do vello sanatorio da Lanzada
Por Redacción |
-
O tramo final da Rúa Igrexa de Raxó terá unha senda e un novo paso para peóns
Por Redacción |
-
Sanxenxo mellora os accesos ás praias de Canelas, Bascuas e A Granxa de Abaixo
Por Redacción |
-
Pasos de peóns e prazas de carga e descarga, principais reclamacións veciñais á Xunta para a reformada PO-308
Por Redacción |