Rogelio Carballo, presidente da Fanpa Pontevedra, aclara que a apertura de matrículas dos comedores escolares só é estimativa
Por Anxo Lourido
Rogelio Carballo, presidente da Federación Provincial de Anpas de Pontevedra (Fanpa), afirma que a Consellería de Educación mentiu ao indicar que a apertura do prazo de inscrición da matrícula para os comedores escolares vai levarse a cabo a próxima semana. Aclara que esta matrícula será só estimativa pero, polo momento, a apertura dos comedores escolares está suspendida.
O máximo representante da Fanpa afirma que a Consellería de Educación, a través do Xefe Territorial César Pérez Ares, comprometeuse a que ao longo deste mes de agosto se emita un escrito no que se realizarán aclaracións interpretativas sobre o protocolo da Xunta para regular este servizo.
Unha vez que conten con ese documento, os colectivos que xestionan os comedores escolares comprobarán coa estimación de matrículas e os datos estatísticos que manexan de anteriores cursos se é viable a apertura deste servizo. "Depende de como se interprete ou modifique o protocolo actual, se non será imposible", indica Rogelio Carballo, que reclama garantías xurídicas para que se poida levar a cabo esta actividade nos centros escolares.
Neste sentido, desde a Fanpa van medirse todos os espazos para ver que ocuación de estudantes poden ter, establecerán quendas, analizarán os datos históricos de comedores, atendendo ao número de alumnos, seguindo as cifras de asistencia por idades e por niveis educativos.
"Queda moito por discutir", afirma Carballo ao sinalar que nin a Fanpa nin as Anpas poden pagar desinfeccións antes e despois de cada comida en e segundos e terceiros espazos habilitados para servir as comidas. E ademais, apunta a que aínda hai que comprobar que se poida resolver a cuestión dos horarios e a disposición de aulas para crear comedores nos centros educativos porque, en moitos deles, hai escaseza de espazo.
"É un proceso extraordinariamente complexo. Non se resolve enseguida", sinala o máximo representante das Anpas da provincia, que reclama unha solución universal para todos os comedores escolares que ofreza as suficientes garantías para iniciar o servizo. Do contrario, asegura que os comedores non entrarán en funcionamento no inicio do curso escolar.
Relacionadas:
-
Incógnita resolta: os servizos de comedor e Plan Madruga de Pontevedra e Poio comezan o 5 de outubro
Por Redacción |
-
A FANPA anuncia a "imposibilidade" de que os comedores escolares e o Plan Madruga comecen o 1 de outubro
Por Oskar Viéitez |
-
Vilaboa, sen comedores, Plan Madruga e extra escolares: as Anpas renuncian e amosan a súa preocupación ante a volta ao cole
Por Redacción |
-
A FANPA avisa que o tempo para negociar "estase esgotando" e mantén a suspensión dos comedores escolares
Por Diego Espiño |
-
Tino Fernández insta a Feijóo a buscar "xa" un acordo co Concello para a limpeza dos colexios
Por Redacción |
-
A Consellería analiza a volta ás aulas no colexio de Campolongo e na escola infantil Crespo Rivas
Por Oskar Viéitez |
-
O Goberno municipal de Marín busca consensos na elaboración dun plan de cara ao inicio do vindeiro curso
Por Oskar Viéitez |
-
Rolda de visitas aos colexios de Sanxenxo para preparar o próximo curso
Por Redacción |
-
As federacións de ANPAS emprazan á Xunta a dialogar con urxencia para manter os comedores escolares
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Feijóo lamenta as "ameazas" da Fanpa e recoméndalles un "baño de realismo" ante a Covid-19
Por Alejandro Espiño |