Preocupación na Policía Local de Marín polo aumento de positivos en controis de alcoholemia
Por Redacción
Os axentes da Policía Local de Marín levantaron nos últimos 15 días sete atestados sobre condutores por conducir baixo os efectos do alcol, unha cifra que supón un incremento do número de positivos e que xera preocupación no corpo policial.
Debido ao incremento destas condutas perigosas para a seguridade viaria, a Policía Local de Marín aumentará os controis nas estradas da vila.
Como exemplo das condutas que están a detectar, durante a última fin de semana, os axentes interceptaron un condutor de motocicleta baixo os efectos do alcol. O home xa era coñecido pola Policía Local porque xa se lle retirara o permiso de condución en tres ocasións, a última en setembro de 2018.
Este condutor, ademais de dar positivo por alcol, tiña retirado o carné de conducir por orde xudicial ata setembro de 2020, polo que se lle realizou un atestado contra a seguridade viaria por superar os limites de alcol -porque presentaba unha taxa de 1,23 miligramos de alcol por litro de aire expirado no control- e por conducir un vehículo a motor pese á retirada do permiso de condución por parte dun xuíz.
Este luns, os axentes tiveron que volver a actuar debido á denuncia dun veciño pola conduta dun condutor que manobraba golpeando a outros vehículos que estaban aparcados. A patrulla da Policía Local ao chegar ao lugar realizoulle a pertinente proba de alcoholemia, que resultou positiva, dando o condutor unha taxa de 1.22.
Relacionadas:
-
Exceso de alcol en todos os puntos de control policial establecidos o sábado en Marín
Por Redacción |
-
Doce positivos por alcol e un por drogas nas entradas a Marín durante a madrugada do sábado
Por Redacción |
-
Conduce ebria e drogada por Marín cun coche que non tiña seguro
Por Redacción |
-
A Policía Local de Marín pecha o ano con máis de 1.200 denuncias por infraccións de tráfico
Por Redacción |