A Policía Local incauta un can por erro no medio dunha disputa familiar
Por Oskar Viéitez
Os axentes da Policía Local de Pontevedra víronse involucrados nunha disputa familar que acabou no xulgado.
Segundo explicou a portavoz do Goberno Local, Carme da Silva, os policías atenderon a chamada dun veciño da cidade que lles alertou pola presenza dun can abandonado.
Os axentes levaron ao animal sen saber que pertencía á irmá do denunciante e que non estaba abandonado.
A muller levou esta incautación da Policía diante dos tribunais e agora o xuíz sobreseeu o caso ao entender que na actuación da Policía Local "non houbo mala fe".