O PSdeG cualifica de "tomadura de pelo" o atraso nas obras do Gran Montecelo
Por Redacción
O deputado do PSdeG Julio Torrado mostrou este luns o seu malestar co goberno autonómico polo novo atraso nas obras do Gran Montecelo. O socialista considera este feito unha "tomadura de pelo da Xunta aos pontevedreses".
Acusan de ineficientes ao executivo de Feijoo pola necesidade de reiniciar o procedemento de licitación das obras de ampliación do hospital despois de que só se presentara unha empresa. "O sector xa advertira á Xunta de que existían cuestións na licitación que impedían a súa realización”, asegura.
Pregúntase Torrado por que a Xunta non corrixiu antes os aspectos que motivaron o reinicio deste expediente e denuncia unha " escura casualidade" a apertura dos sobres o día posterior ás eleccións autonómicas.
Neste sentido, o deputado anticipou que unha vez que se constitúa o Parlamento presentará iniciativas para que a Xunte dea explicacións sobre o ocorrido.
“Este trato a Pontevedra é inaceptable”, rematou consciente de que aínda son numerosos a pacientes da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés que deben desprazarse a Santiago para recibir algunhas atencións.