Denuncian un vertedoiro incontrolado de colchóns, mobles e electrodomésticos en Miñán
Por Redacción
O BNG de Marín denuncia que no lugar de Miñan, na parroquia de Santomé de Piñeiro, hai varios días que se creou un vertedoiro incontrolado de lixo coa acumulación de colchóns, mobles, electrodomésticos e todo tipo de aparellos
Os nacionalistas critican que ademais de producir diversos problemas de espazo, este lixo acumulado tamén ocasiona insalubridade, cheiros e sucidade e pide ao Concello de Marín unha solución á situación.
O vertedoiro está ubicado no lugar onde se atopan os contedores de lixo, a parada do autobús e o cruce que comunica varias aldeas e, segundo sostén o BNG, varios residentes de Miñán chamaron ao servizo de recollida de mobles e voluminosos do Concello de Marín, pero non lograron "resposta nin solución", xa que o escombro segue acumulándose no lugar.
Segundo sostén Lucía Santos Omil, responsable do BNG de Marín, a preocupación medra entre a veciñanza, que ten medo a revivir situacións de 15 anos atrás, cando Miñán se converteu no vertedoiro de Marín e os veciños tiveron que mobilizarse a base de denuncias e protestas.