O Porto de Vilagarcía ampla as concesións de Boluda e Aceites Abril
Por Oskar Viéitez
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía aprobou este venres por unanimidade dous proxectos de ampliación das concesións de ambas as empresas Boluda e Aceites Abril. Os expedientes foron sometidos xa a trámite de información pública sen que se presentasen alegacións.
Así a empresa Boluda ampliará a superficie ocupada polo seu terminal en Ferrazo ata alcanzar os 53.935 metros cadrados totais, case o dobre do ocupación actual. Tamén ampliará a súa actividade sumando ao tráfico de contedores o da mercadoría xeral.
Agora construirá unha nave e definirá as áreas exteriores complementarias, accesos, superficie para vehículos e estacionamentos.
A galega Aceites Abril proxecta ampliar o seu actual terminal de graneis líquidos nun 21,2%, incorporando á mesma unha parcela anexa, de 396 metros cadrados de superficie, que estaba libre ata a data.
Aceites Abril prevé construír nesta ampliación catro depósitos cunha capacidade de 1.500 metros cúbicos cada un, incrementando así a capacidade das súas instalacións nun 75%, ata alcanzar case os 14.000 metros cúbicos.
Relacionadas:
-
O porto de Vilagarcía investirá máis de 18 millóns de euros nos próximos catro anos
Por Redacción |
-
Os socialistas urxen a dimisión da presidenta da autoridade portuaria de Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |
-
O porto de Vilagarcía establece un novo récord anual de tráfico de mercadorías
Por Oskar Viéitez |