Aviso aos condutores en Marín: Ningún vehículo poderá entrar nin saír á rúa Ezequiel Massoni durante este venres
Por Redacción
O Concello de Marín fai público un aviso para condutores que estará vixente durante mañá venres e que supoñerá a restrición total da circulación rodada pola rúa Alcalde Ezequiel Massoni.
Desta forma non se poderá circular e tampouco se permitirá a entrada e saída de vehículos aos garaxes deste vial, nin tampouco ás zonas de servizo, entre as oito da mañá e as oito da tarde deste venres 31 de xullo.
As obras de acondicionamento do pavimiento que se están executando, continúan esta xornada do venres co asfaltado da rúa; uns traballos que xa que se ralizaron no primeiro tramo deste vial do centro urbano, que se atopaba notablemente deteriorado. Unha vez que se termine con esta parte do proxecto, completarase a actuación co pintado dunha nova sinalización horizontal, así como das prazas de estacionamento que quedarán habilitadas.
Camiño da Canteira da Laxe
Por outra banda, xa quedou rematada a renovación do pavimento e dos servizos de abastecemento e auga no camiño da canteira da Laxe. O responsable de Medio Rural no Concello de Marín, Pablo Novas sinala respecto diso que "era unha actuación necesaria que os veciños está a agradecer moito porque se trata dun camiño moi transitado".
Relacionadas:
-
As obras de pavimentación da rúa Alcalde Ezequiel Massoni comezarán a próxima semana
Por Redacción |
-
Asinado o acordo entre Xunta e Concello de Marín para habilitar un centro de día na Casa do Mar
Por Redacción |
-
Marín retirará árbores de Ezequiel Massoni para mellorar o paso dos peóns
Por Redacción |