Interceptado por conducir borracho e de forma temeraria
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Local de Poio sorprenderon a un pontevedrés bébedo que conducía de maneira temeraria.
Segundo informan fontes oficiais da Policia Local de Poio, os feitos tiveron lugar sobre as nove da noite deste mércores. Os axentes foron requiridos por unha condución temeraria pola estrada PO-308.
O vehículo foi localizado na avenida de Andurique.
Á vista dos síntomas que presentaba o condutor, os policías sometéronlle á proba de alcoholemia que deu un positivo de 0.96 miligramos de alcol en aire espirado, case catro veces o máximo permitido pola lexislación.
Desde a xefatura municipal precisaron que "os feitos son constitutivo dun delito conta a seguridade vial", polo que "as dilixencias son trasladadas ao xulgado de garda para a celebración dun xuicio rápido".