O Grove reforza a sinalización para evitar a circulación de vehículos en zonas peonís
Por Redacción
O Concello do Grove, ante a falta de cumprimento das restricións establecidas nas rúas peonís, está a proceder a reforzar a sinalización en aras dun óptimo proceder por parte dos condutores.
Nas últimas semanas a Policía Local intensificou os controis, o que se traduciu en numerosas sancións e apercibimentos. Ao tempo, tomouse a decisión de mudar a sinalización para que resultase máis clara entre a poboación. Así, xa se terminou de pintar unha sinalización indicativa de zona peonil, de gran tamaño, nas rúas Luís Seoane e Solá onde se estaba rexistrando maior número de vehículos e evitar que se produzan confusións.
O Concello lembra que o acceso con vehículos ás rúas peonís está limitado aos residentes e aos usuarios de garaxes e que a carga e descarga de mercadorías só pódese facer nos horarios establecidos para tal fin e para vehículos debidamente acreditados. En todos estes casos, a velocidade máxima de circulación é de dez quilómetros por hora.
O obxectivo do Concello meco nestes espazos públicos é que se poida garantir unha circulación de persoas de forma segura e cómoda; e que sexan ao mesmo tempo zonas comerciais dinámicas.
Relacionadas:
-
Remate das obras da nova rotonda de San Vicente do Grove
Por Redacción |
-
O mercado ambulante do Grove continuará en Beiramar todo o mes de agosto
Por Redacción |
-
A Policía Local do Grove intensifica os controis nas praias
Por Redacción |
-
O Concello do Grove pide aos veciños que tiren o lixo ás horas establecidas
Por Redacción |