Trasladan a Montecelo unha muller tras sufrir un accidente de tráfico en Ribadumia
Por Redacción
Unha muller de 61 anos de idade foi evacuada este xoves ao hospital pontevedrés de Montecelo despois de sufrir unha saída de vía en Ribadumia.
En concreto o accidente tivo lugar á primeira hora da mañá, cando o turismo que conducía a muller ferida bateu contra a entrada dun bar, na Avenida Caponiñas.
Ao lugar acudiron efectivos de Protección Civil de Ribadumia, Emerxencias Cambados, Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061.
Tras atendela no punto, os profesionais sanitarios decidiron trasladar á muller ao hospital de Montecelo para a súa valoración.