VIDEO.- Alerta en Sanxenxo por un incendio próximo a un núcleo de vivendas
Por Oskar Viéitez
O Concello de Sanxenxo informou este martes da extinción dun incendio forestal entre o lugar de Palacios e A Carabuxeira, na parroquia sanxenxina de Padriñán.
A rápida intervención do Servizo Local de Emerxencias de Sanxenxo impediu que as chamas se propagasen limitando a superficie queimada a uns 2.000 metros cadrados.
A proximidade dun núcleo de vivendas fixo saltar todas as alarmas.
Este mesmo lugar xa se viu afectado polo lume hai uns días.