O Concello de Poio retoma os procesos para finalizar a construción do novo vial da Caeira
Por Redacción
A Comisión de Urbanismo aprobou a reactivación do proceso para volver a contratar a obra de apertura dun novo vial na Caeira, na parroquia de San Salvador. Cómpre lembrar que esta actuación fora adxudicada inicialmente Nexia Infraestruturas, pero o cese de actividade da empresa a principios deste ano fixo que os traballos non fosen rematados. Unha vez rescindido o contrato inicial, o Concello inicia os trámites para volver a sacar a licitación este proxecto, que conta cun orzamento que supera os 86.500 euros, IVE incluído.
Esta conexión enlazará as rúas Río Sil e Umia e contará cunha extensión de 110 metros, en terreos definidos como Solo Urbano Consolidado no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Trátase dunha zona na que a maioría dos viais existentes son de sentido único, con prazas de aparcamento e beirarrúas. Con esta nova estrada, Río Sil pasaría tamén a contar cunha única dirección de circulación, dispoñendo dun carril máis ancho, ademais de novos espazos para estacionamento en liña e beirarrúas 2,5 metros de ancho.
Inicialmente, o prazo de execución estipulado era de catro meses. O concelleiro de Urbanismo, Gregorio Agís, explica que a instalación contempla a dotación de varios servizos, como rede pluviais, saneamento e abastecemento, así como de telecomunicacións ou alumeado.
Os traballos paralizáronse en decembro de 2019. Logo de conceder á empresa un prazo de cinco días hábiles para que comunicase as causas da situación da actuación, e non recibindo resposta, o Concello iniciou os trámites para rescindir o contrato, que se viron demorados polo estado de alarma decretado a raíz da crise da Covid-19, que obrigou a paralizar a actividade administrativa durante varios meses.
Relacionadas:
-
O novo vial da Caeira xa está operativo e a disposición da veciñanza
Por Redacción |
-
Poio constituirá o vindeiro 11 de maio a mesa de traballo do PXOM
Por Redacción |
-
Poio adxudica de novo o contrato para construir un vial na Caeira
Por Redacción |
-
Poio pecha o orzamento do ano pasado con liquidez: dispón de 2'5 millóns de euros para financiar gastos
Por Redacción |
-
Preocupación en Poio pola paralización das obras na Seara e no novo vial da Caeira
Por Redacción |
-
Poio abrirá un novo vial na Caeira, entre as rúas Río Umia e Río Sil
Por Redacción |