Sufocado un incendio forestal en Meaño
Por Oskar Viéitez
Un incendio forestal calcinou unha superficie aproximada de 5.000 metros cadrados situados entre os concellos de Meaño e Sanxenxo, na zona de Nantes.
Segundo informou o Concello de Sanxenxo o lume orixinouse ao redor das catro da tarde deste luns.
Unha hora máis tarde comunicábase que o incendio fora extinguido.
Interviñeron nestes labores o servizo municipal de Emerxencias Sanxenxo, dúas cuadrillas, un axente forestal, unha motobomba da Xunta e un helicóptero.