Cuntis apela á responsabilidade dos veciños tras un brote de COVID-19 na vila
Por Redacción
As autoridades sanitarias confirmaron a aparición dun brote de COVID-19 en Cuntis. Dúas persoas deron positivo pola infección e, segundo o Concello, é unha situación "controlada".
Sanidade asegura que está a aplicar todas as medidas protocolarias de seguimento e control coas que evitar unha eventual cadea de transmisión.
Ante esta situación o Concello apela á tranquilidade e fai un chamamento á prudencia e á responsabilidade de toda a cidadanía de Cuntis, ao tempo que solicita encarecidamente que se cumpran de maneira "escrupulosa" todas as recomendacións sanitarias contra a pandemia.
O Concello recorda que a ferramenta máis eficaz á hora de controlar a propagación do coronavirus é manter unha "conduta responsable" tanto no persoal como cos demais.
Sinalan que para iso é "imprescindible" respectar o uso obrigatorio de máscara tanto en espazos abertos como pechados, independentemente de que se poida gardar a distancia de seguridade, o distanciamento social e o reforzo da hixiene persoal.
O Concello advirte que intensificará a vixilancia e aplicará, de ser necesario, accións sancionadoras. Para iso, o goberno municipal manterá un contacto permanente coas autoridades sanitarias e poñerá en marcha calquera medida restritiva que poidan solicitar.
Relacionadas:
-
Cuntis prolonga a suspensión de todas as actividades ata o 7 de decembro
Por Oskar Viéitez |
-
Pleno comprometido coa igualdade e a sustentabilidade no Concello de Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis retoma a recollida de voluminosos
Por Redacción |
-
Catorce establecementos de Cuntis xa ofrecen os seus menús en formato dixital
Por Redacción |
-
Cuntis suspende as festas patronais: "Non se poden garantir as condicións mínimas de seguridade"
Por Redacción |