A licenza de obra para completar o edificio de Benito Corbal "está en prazo", segundo o Concello
Por Alejandro Espiño
Aínda que a Xunta asegura que levaba catro meses esperando pola licenza para acometer a segunda fase das obras neste edificio, a que permitirá remodelar o últimas catro plantas do inmoble, o Concello afirma que iso non é certo.
A portavoz do goberno municipal, Carme da Silva, explicou que o goberno galego fixo efectivo o pago das taxas para a concesión da licenza o pasado mes de maio, é dicir, hai apenas dous meses. "Estamos en prazo", engadiu.
"A partir do pago desa taxa é cando se estuda o expediente", aclarou a edil.
Da Silva recoñeceu que este proxecto viuse afectado pola suspensión de prazos imposto polo estado de alarma e, posteriormente, polo traslado dos servizos de urbanismo ás súas novas dependencias da rúa dos Ferreiros.
Con respecto á denuncia pública realizada pola Xunta aos medios, o goberno municipal entende que " non é xeito" de comunicarse entre dúas administracións e lamenta que non se produciu a "cortesía institucional" que se presupón nestas relacións.