O Concello celebra o éxito de público na Festa Corsaria
Por Redacción
O Concello de Marín agradeceu este luns tanto os participantes na festa, coma os visitantes e veciños ou seu "agarimo e entusiasmo" para que a Festa Corsaria se desenrolase "de forma totalmente modélica sen nengun tipo de incidentes que resaltar".
Nun comunicado feito público polo gabinete do Concello lémbrase que "toda festa ten circustancias que mellorar de cara a anos venideiros, e esta non é unha excepción". A organización recolleu todas ás criticas construtivas e suxerencias dá xente a pé da rúa e salientan que "imos valorar todas as ideas que nos están a suxerir para asentar no calendario esta festa que por segundo ano consecutivo volveu ser un éxito de publico".
50 artesáns expoñendo, con boas cifras de vendas, que valoran "positivamente, e que xa nos confirmaron en moitos casos a súa intención de voltar". A hostalaría que este ano comenzou a involucrarse en maior número, "que tamén é de agradecer, e que lle pedimos mais, porque neles está a forza para que esta festa se asente no calendario", indican no comunicado oficial.
No capítulo dos agradecementos inclúese a Asociacion cabalar de Marín, que paseou os nenos, a Devesa das Rapiñas, e a súa exposición de cetraría, a Asociación Folclórica Axouxeres, e as cantareiras e gaiteiros, a Laura e os seus malabares e fogos e o grupo de percusión africano, ao grupo de animación Arcoíris, que fixeron ás delicias de nenos e maiores, a Oswaldo García, pola sua lectura do pregón, "e o noso Gago de Mendoza e a Fabián, de Cristal y Fuego, e os que de forma anónima nos botaron unha man para que todo fora de novo un éxito, todos eles, que fixeron posible que nunha época de crise, na que o Concello non ten moito marxe de manobra, esta festa resultase sen custo para os cidadans de Marín, e en cambio ofrecese un movemento do comercio e da hostalaría do que nos puidemos sentir moi orgullosos".
Dende o Concello de Marín, alentan a que todos os que o desexen, hosteleiros e particulares, se animen o ano que ven a voltar e participar nesta festa con tan só dous anos de vida pero que ten toda a intención de quedarse.