Amplían os roteiros de pádel surf polo Lérez tras esgotar as prazas en tres horas
Por Redacción
O Concello de Pontevedra decidiu ampliar os roteiros de pádel surf polo río Lérez ante a abafadora demanda recibida. En tres horas esgotáronse as prazas ofertadas para a primeira destes roteiros turísticos, que tivo lugar o pasado sábado 25 e que organiza a Concellería de Turismo.
Desta forma, e desde este mesmo luns 27, reabren os prazos de inscrición para as dúas xornadas nas que se volverán a realizar estes particulares paseos polo río Lérez: os sábados 1 e 22 de agosto. As solicitudes formalízanse a través da web www.visitpontevedra.es
Os roteiros están organizados en grupos reducidos de oito persoas, que van acompañadas de monitores. Ofrécense en total oito roteiros por día, entre horario nocturno e diúrno. A concelleira Yoya Blanco sinala que "este é o claro exemplo de que o turismo de proximidade, e mesmo da propia cidade, mostra un enorme interese por coñecer a cidade a través do Lérez".
Avanza que se trata da primeira de numerosas iniciativas prevista en torno ao río: "Pontevedra despois de moitos anos de vivir de costas ao Lérez, mira e goza os seus ríos".
Relacionadas:
-
Xornadas diúrnas e nocturnas de paddle surf para descubrir o río Lérez e a cidade
Por Redacción |
-
Esgotadas as prazas para as novas saídas en paddle surf polo Lérez
Por Redacción |
-
RADIO.- Vuelvo a Pontevedra: "Seguimos sendo un destino seguro para recibir turismo"
Por Redacción |
-
A limpeza do Lérez tamén é cousa de nenos
Por Redacción |
-
Organizan rutas de paddlesurf para coñecer Pontevedra desde o río Lérez
Por Redacción |
-
Os socialistas queren converter o Lérez no eixo de rutas turísticas e actividades de lecer
Por Redacción |
-
A 'nova normalidade' das visitas turísticas por Pontevedra: toma de temperatura, máscaras e grupos reducidos
Por Redacción |
-
RADIO.- Por que elixir Pontevedra como destino vacacional este verán
Por Redacción |