VÍDEO.- A Garda Civil 'rescata' un veleiro á deriva en Cambados
Por Redacción
Efectivos do Servizo Marítimo da Garda Civil 'rescataron' este sábado un veleiro que se atopaba á deriva no medio da ría de Arousa.
En concreto a embarcación, de bandeira sueca, foi interceptada nas proximidades do polígono de bateas do Galiñeiro, en Cambados
A patrulleira 'Corvo Mariño' da Garda Civil fíxose co control da embarcación cando navegaba sen control e sen ocupantes achegándose cada vez máis á costa, ao redor das 16:30 horas deste sábado.
Por fortuna o incidente non provocou danos, aínda que o risco de colisión era importante pola proximidade das bateas.
Tras neutralizar o veleiro, os axentes localizaron aos tres tripulantes suecos a bordo dunha embarcación auxiliar na que se ausentaron do barco para achegarse á costa. A Garda Civil trasladou ao patrón ao veleiro para que se fixese cargo do barco sen que o incidente pasase a maiores.
El Servicio Marítimo de la Guardia Civil de Pontevedra rescató esta tarde a un velero de bandera sueca que se encontraba a la deriva en las proximidades de las bateas del polígono de “O Galiñeiro” en Cambados.
— Guardia Civil Pontevedra (@guardiacivilPon) July 25, 2020
El velero se acercaba a la costa sin rumbo y sin tripulación. pic.twitter.com/FHSG8PqTI4