O Grove destinará case 30.000 euros a obras de mellora no mercado municipal
Por Redacción
Despois do verán, O Grove vai a acometer obras de mellora na praza de abastos. Nos últimos meses foron detectados problemas de atoamento nalgún dos desaugadoiros do mercado que, aínda que xa non é propiedade do Concello este é responsable do seu mantemento.
Neste caso trátase de cambios e actuacións nos rexistros e nas zonas de lavadoiro dos postos, que se ven moi deterioradas debido ao tipo de produtos cos que se traballa e que precisan continuo mantemento.
Deste xeito a intervención realízase antes de que se poidan agravar problemas con tubaxes ou filtros da zona e buscarase a substitución destes por materiais de moita maior calidade que poidan prolongar o período de vida e uso dos postos municipais.
A obra requirirá un investimento de 27.563 euros, que serán achegados polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Relacionadas:
-
O Grove recupera o antigo Camiño da Granxa
Por Redacción |
-
O Grove traslada o seu mercado semanal á zona de Beiramar para garantir a seguridade
Por Redacción |
-
O Grove proxecta a creación dunha plataforma de venda online do comercio local para saír da crise
Por Redacción |
-
As lonxas recibirán máscaras para previr contaxios durante as poxas
Por Redacción |