Recoñecemento institucional en Caldas ás costureiras voluntarias que elaboraron máscaras para os seus veciños
Por Redacción
O Concello de Caldas de Reis reuniu ás veintiseis veciñas que durante as semanas de confinamento dedicáronse a confeccionar máscaras de forma voluntaria destinadas a protexer aos veciños do municipio.
O encontro tivo lugar nun restaurante caldense, onde se lles ofreceu unha comida e no que se lles fixo entrega dun agasallo institucional como agradecemento ao traballo altruísta que realizaron para protexer a esta poboación fronte á pandemia da COVID19. Na reunión participaron o propio alcalde, así como o resto do goberno local e persoal do Concello.
Juan Manuel Rey agradecía "en nome de todo o pobo de Caldas, o esforzo, a dedicación e a voluntariedade mostrada" xa que "durante moitas xornadas traballaron de forma desinteresada para protexer aos veciños nun momento no que as máscaras non eran accesibles para toda a poboación pola súa escaseza". A súa mostra de solidariedade, engadiu "é un exemplo claro dun pobo que se une ante a adversidade e que sae adiante de maneira colectiva polos seus medios, nos momentos máis difíciles".
Ademais da loable tarefa destas costureras, o alcalde tampouco se esqueceu e agradecía igualmente, as doazóns de material de protección que se recibiron durante o estado de alarma por parte de empresas e particulares. "Recibimos gran cantidade de material como luvas, máscarillas faciais, material para a súa confección e xel desinfectante; que foi de enorme utilidade para dar resposta por parte do Concello ás necesidades da poboación".