A Policía Local do Grove intensifica os controis nas praias
Por Redacción
Os controis nas praias do Grove esténdense por todos os areais do municipio, non só os principais e máis concorridos.
A Policía Local iniciou un roteiro por diversos areais para asegurarse de que se cumpren as medidas sanitarias recomendadas.
En concreto os axentes prestan especial atención ao uso de máscaras e ao mantemento da distancia de seguridade nas diferentes praias.
Así, nos últimos días a Policía realizou controis en praias como Burato da Londra, As Pipas, Sexeiliños e na praia canina do Espiño.
En todos os casos, confirma o Concello do Grove, a Policía Local realizou funcións informativas agradecendo o respecto ás normas por parte da gran maioría de usuarios.