Os traballadores públicos dependentes de Política Social dan tregua ás súas protestas ata o mes de setembro
Por Redacción
Este último xoves de xullo traballadores públicos dependentes da Consellería de Política Social volvían concentrarse ante a residencia de maiores de Campolongo, tal e como veñen facendo desde o pasado mes de maio. Seguen reclamando melloras laborais que pasan por aumento dos persoais, incremento igualmente de recursos materiais e compensación de domingos traballados.
Polo momento e desde que se iniciaron estas protestas, a reivindicación inicial de poder tomar vacacións durante os meses estivais, si foi atendida. En canto ao resto "seguiremos mentres nos acompañen as forzas ata conseguir algo". A concentración deste xoves rexistraba un número menor de asistentes que atribúen precisamente a que "hai persoal fixo de vacacións e outros que foron contratados no verán teñen medo a manifestarse".
Esta circunstancia e a previsión de que a actividade política autonómica sexa máis reducida durante as próximas semanas, fai que as centrais sindicais haxan dedicido darse unha paréntese de descanso no mes de agosto e retomar as protestas en setembro.
Protestas que poderían ir máis aló que as concentracións #ante estes centros públicos. Con todo tamén sinalan que "a marxe de manobra de protestas en Política Social é moi pequeno. Se convocamos unha folga o cento por cento do persoal é servizos mínimos".
Relacionadas:
-
Continúan as protestas do persoal de Política Social para conseguir mellores condicións de traballo
Por Redacción |
-
O positivo dun operario que traballou con persoal asistido desata a alerta na Residencia de Maiores de Campolongo
Por Anxo Lourido |
-
Continúan as protestas dos traballadores das residencias de maiores para conseguir melloras laborais
Por Manu Otero |
-
O persoal de Política Social continúa coas protestas para reclamar a negociación da súa situación laboral
Por Redacción |
-
Persoal de centros dependentes de Política Social inicia protestas para reclamar á Xunta as súas vacacións
Por Mónica Patxot & Redacción |