Goyo Revenga acusa a Ciudadanos de expulsalo por facer "algo similar" que Inés Arrimadas
Por Alejandro Espiño
Dous días despois de transcender a súa expulsión de Ciudadanos, partido que o tachou de tránsfuga, Goyo Revenga confirmou que non entregará a súa acta de concelleiro e continuará na corporación, como edil non adscrito, os tres anos que restan ata o final do mandato.
Nunha comparecencia na que foi moi crítico co partido, o xa ex edil de Ciudadanos asegurou que a súa expulsión prodúcese por facer "algo similar" ao que está a facer a nova líder da formación liberal, Inés Arrimadas.
Ciudadanos, lembra Revenga sobre o partido ao que se afiliou hai cinco anos, naceu para ser "moderado" e poder chegar a acordos "en beneficio de la cidadanía", unha filosofía que segundo o concelleiro pontevedrés recuperou Arrimadas desde o pasado mes de marzo.
"El tiempo me está dando la razón", sinalou o edil, que explicou que desde que anunciou ao seu partido que votaría a favor dos orzamentos municipais tras incluír partidas de 500.000 euros -principalmente para os servizos sociais- "me advirtieron que me abrirían un expediente disciplinario" que, cinco meses despois, carrexou a súa expulsión.
Esta negociación, defendeu Goyo Revenga, "no era incompatible" cos "valores e ideales" do seu ex partido político e produciuse respectando o seu compromiso de achegar á escena política municipal "diálogo, mesura y entendimiento".
"No he sido un rebelde ni tampoco un valiente, he sido coherente con lo que siempre he expresado", insistiu o ex líder de Ciudadanos en Pontevedra, que asegura que "lo que no voy a consentir" é que o partido o cualifíque de tránsfuga porque "yo no me he ido a ningún sitio ni he aceptado nada a cambio de mi voto, han sido ellos los que me han echado".
Da súa expulsión Revenga fai responsable á dirección galega e nacional dun partido que, ao seu xuízo, renunciou a "abanderar" a rexeneración da vida política e "en tan poco tempo se ha convertido en vieja política", algo que provocou que os galegos "hayan dado la espalda de manera incontestable a nuestro partido".
Relacionadas:
-
Ciudadanos expulsa a Goyo Revenga, o seu único edil en Pontevedra, por tránsfuga
Por Alejandro Espiño |
-
Cidadáns modera as críticas do seu concelleiro Goyo Revenga ás axudas do Concello ao comercio pontevedrés
Por Oskar Viéitez |
-
Goyo Revenga tilda de "discriminatorio e arbitrario" o trato que recibe de Ciudadanos
Por Redacción |
-
Cidadáns suspende de militancia a Goyo Revenga por apoiar os orzamentos de BNG e PSOE
Por Natalia Puga | Creada e actualizada