A Garda Civil eleva a 218 o número de denuncias impostas no Salnés por non usar máscara
Por Redacción
O dispositivo especial desenvolto a fin de semana en Sanxenxo e A Illa de Arousa para vixiar o cumprimento das limitacións impostas polo coronavirus saldouse cun total de 13 inspeccións en establecementos públicos, 280 denuncias administrativas e dúas persoas detidas por atentado e resistencia aos axentes da autoridade.
Son cifras que deu a coñecer este martes a Garda Civil, que se encargou do despregamento de efectivos da Patrulla de Seguridade Cidadá de Vilagarcía principalmente en horario nocturno.
No transcurso do operativo instaláronse puntos de verificación de vehículos e persoas nas vías de acceso ás dúas localidades e realizáronse 13 inspeccións en establecementos de lecer, 9 delas en Sanxenxo e o resto na Illa de Arousa.
Como resultado das inspeccións tramitáronse 218 denuncias administrativas por non facer uso das máscaras, a pesar de ser as primeiras horas de obrigatoriedade do seu uso en Galicia, das que 181 formuláronse en Sanxenxo. Ademais detectáronse 19 infraccións por consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, 13 delas na Illa e o resto en Sanxenxo.
O dispositivo completouse con 7 denuncias por venda e consumo de alcol a menores en establecementos de lecer, 21 por tenencia e consumo de drogas en lugares públicos e detívose a dúas persoas por delitos de atentando e resistencia aos axentes da autoridade.
Por último na lla formuláronse dúas denuncias por exceso de aforo nun establecemento de lecer e por infrinxir o horario de peche.
Relacionadas:
-
Unha menor de 13 anos, ingresada no hospital tras sufrir unha intoxicación etílica en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Haberá maior control de aforos e máscaras no lecer nocturno de Sanxenxo e Portonovo
Por Redacción |
-
Unha fin de semana en Sanxenxo con 123 multas por non levar máscara
Por Redacción |
-
Na praia, non sen a túa máscara
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Último día de praia sen obriga de máscara: moita xente, pouca protección
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
"Aglomeración incontrolada" e "relaxación de medidas de seguridade", motivos para prohibir o botellón
Por Natalia Puga |
-
Os paseos pola praia, con máscara obrigatoria
Por Natalia Puga |