A comunidade educativa de Bueu volve reclamar a Educación un regreso ás aulas con óptimas medidas de seguridade
Por Redacción
Por segunda ocasión neste mes de xullo, a comunidade educativa de Bueu saíu á rúa para reclamar á Xunta que reconsidere os protocolos de seguridade e prevención ante a COVID19 que contempla para o comezo do curso escolar.
Así, este pasado luns 20, profesores e persoal dos centros educativos do municipio realizaban unha protesta simbólica na praza do Concello. Ata trinta persoas sentaron en cadeiras que se dispuxeron de acordo ás determinacións da Consellería de Educación e que estiman non cumpren as medidas de seguridade e están por encima dos cocientes de alumnado recomendables.
Estas dúas circunstancias xa foron evidenciadas na primeira protesta realizada en Bueu e na que demandaban reducir o número de alumnos por grupo e curso para garantir unha distancia mínima de metro e medio entre persoas e dun metro entre mesas e alumnos, contando ademais con máis persoal e infraestrutura para iso.
Engaden nas súas reivindicacións que se implementen medidas pedagóxicas e organizativas para planificar debidamente o curso e a posta en marcha de reformas tecnolóxicas para poder responder a posibles situacións de confinamento.
Relacionadas:
-
A conselleira asegura que as obras no Colexio do Carballal estarán rematadas para o inicio do novo curso
Por Oskar Viéitez |
-
Staffan Mörling, o mozo sueco de Ons, homenaxeado polos seus veciños de Bueu
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Todo o personal educativo será testado da COVID-19 antes do inicio do curso
Por Redacción |
-
Bueu apela ao consumo "moderado e responsable" de auga no verán
Por Redacción |