Unha muller de 77 anos morre afogada nunha piscina en Marcón
Por Redacción
Unha muller de 77 anos faleceu na serán deste luns afogada nunha piscina particular na parroquia pontevedresa de Marcón.
Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o aviso produciuse sobre as 21.30 horas nunha vivenda do lugar de Pazos. Foron os profesionais dos servizos sanitarios de urxencia os que contactaron co 112 Galicia para solicitar medios de intervención para colaborar no rescate da septuaxenaria.
Segundo a información facilitada aos xestores do 112, facíase necesaria a colaboración entre equipos de emerxencia para sacar da auga o corpo sen vida da muller. Acto seguido, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Pontevedra, dos axentes da Policía Nacional e Local e tamén dos membros de Protección Civil.
Unha vez na vivenda, os bombeiros confirmaron o falecemento da septuaxenaria e informaron ao 112 que a súa intervención non foi descartada debido a que os demais equipos de emerxencia lograron retirar o corpo da auga.