Unha fin de semana en Sanxenxo con 123 multas por non levar máscara
Por Redacción
A Policía Local de Sanxenxo impuxo durante a fin de semana 123 multas por non levar a máscara ou por facer un uso incorrecto dela.
Segundo informa o Concello, a maioría destes incumprimentos detectáronse durante a noite e madrugada (105 casos), mentres que, durante o día foron menos (18).
"É unha misión de todos cumprir coas regras para acabar con esta pandemia", sinalou respecto diso o alcalde, Telmo Martín.
Neste sentido as multas por non levar máscara de protección ou tela mal posta, sen tapar nariz e boca, ascenden a 100 euros.
Desde o domingo o uso da máscara é obrigatorio en todos os espazos públicos, tanto abertos como pechados, con independencia de que se poida manter a distancia social. As únicas excepcións en praias e piscinas son no momento do baño ou mentres se tome o sol sen desprazarse.
DENUNCIA DUN LOCAL EN PORTONOVO
Tamén durante a fin de semana, a Policía Local intensificou os controis nocturnos en colaboración da Garda Civil, saldándose cunha denuncia a un local de Portonovo tras interceptar no seu interior a 17 menores, oito deles consumindo alcol. Os axentes tramitaron o expediente contra o establecemento por unha falta moi grave ao ser reincidente.
Pola súa banda noutro local de Portonovo e unha terraza de Dorrón xestiónanse senllas sancións por non respectar o horario de peche.
O balance de denuncias tramitadas inclúe tamén una á terraza dun kiosko por incumprimento da distancia de seguridade, cinco denuncias por ruídos en vivendas, unha por desobediencia á autoridade e dúas por ouriñar en espazos públicos.
Relacionadas:
-
Dous locais de Portonovo e Sanxenxo, precintados por incumprir a ordenanza de ruído
Por Redacción |
-
A Garda Civil eleva a 218 o número de denuncias impostas no Salnés por non usar máscara
Por Redacción |
-
Na praia, non sen a túa máscara
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Último día de praia sen obriga de máscara: moita xente, pouca protección
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Sanxenxo reforza a súa Policía Local con 40 auxiliares e tres axentes en comisión de servizo
Por Redacción |