Un incendio calcina dous colectores de lixo e dous turismos aparcados en Poio
Por Redacción
Dous turismos que estaban aparcados na rúa Oliveira de Poio víronse afectados a pasada madrugada por un incendio que se iniciou pouco antes en dous contedores situados na mesma rúa.
A Garda Civil investiga as causas do incendio, que provocou que os contedores de recollida de lixo e os turismos resultasen calcinados na súa totalidade.
Segundo a información facilitada por Protección Civil de Poio, o incendio iniciouse sobre as 4.30 horas da madrugada deste luns na rúa Oliveira da parroquia de San Salvador.
Un particular alertou ao 112 Galicia de que ardían os dous contedores e advertía xa do risco que corrían os coches próximos, segundo a información facilitada polo Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112.
Tras recibir as chamadas de varios alertantes, que mesmo aseguraban de escoitar algunha explosión, desde o 112 Galicia informouse da situación aos Bombeiros do Salnés e aos membros do GES de Sanxenxo, que enseguida se desprazaron ao momento.
Do mesmo xeito, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil de Poio.
Tras extinguir o lume e arrefriar a zona, os membros do GES confirmaron ao 112 Galicia que os dous vehículos ardesen por completo e que varios colectores tamén se visen afectados.
Relacionadas:
-
O Concello de Poio ofrece a vía do diálogo á Asociación Veciñal de San Salvador para expoñer as súas queixas
Por Redacción |
-
O PP pide á Deputación que negocie a "fundamental" comarcalización do parque de bombeiros de Pontevedra
Por Redacción |
-
A parroquia de San Salvador recollerá firmas para demandar solución ao ilóxico servizo de Bombeiros
Por Redacción |
-
Moldes pide ao Concello de Poio que garanta a cobertura dos bombeiros "antes de que sexa demasiado tarde"
Por Redacción |