A Deputación dota de 34 novos desfibriladores semiautomáticos a 20 municipios da provincia
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aprobou na Xunta de Goberno desta semana novas achegas aos concellos da provincia destinados á investimentos en equipamentos, emprego e saúde. Entre outros, deu luz verde á contratación por preto de 78.000 euros para o subministro, instalación, a posta en funcionamento e as labores de mantemento de 34 desfibriladores semiautomáticos (DESA).
A idea é instalar en espazos municipais de 20 concellos con poboación inferior a 20.000 habitantes, entre eles, Caldas, Meaño, Moaña, Vilanova, Cuntis, A Illa de Arousa, Sanxenxo, Silleda, Campo Lameiro, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Oia, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, O Rosal, Tomiño e Vila de Cruces.
Trátase da terceira adquisición que fai a institución provincial destes equipamentos e contando coas dúas anteriores son xa 103 os desfibriladores con que contan 41 municipios de menos de 20.000 habitantes.
A Xunta de Goberno tamén aprobou axudas por 600.000 euros para cinco municipios no marco do Plan Concellos 2020, entre eles, O Grove, que recibirá 90.000 euros para realizar á súa aportación ao proxecto 'Sanxenxo-O Grove: Polos Turísticos Intelixentes'.
Presentado pola Mancomunidade do Salnés, foi seleccionado na convocatoria de Red.Es para dotar aos concellos de instrumentos tecnolóxicos con destino á mellora dos servizos turísticos.
Bueu percibirá case 134.000 euros para o financiamento da rexeneración do entorno da igrexa de Ermelo.
Relacionadas:
-
Policía Local e Protección Civil de Poio fórmanse no uso de desfibriladores
Por Anxo Lourido |
-
Alertan da ausencia de desfibriladores en comisarías e coches patrulla da Policía Nacional en Pontevedra
Por Redacción |
-
Caldas instalará desfibriladores en instalacións públicas "sensibles"
Por Redacción |
-
A Deputación aproba unha partida de 2'6 millóns de euros para o Plan Concellos
Por Redacción |
-
Sanxenxo incrementa o equipo dos seus socorristas para o verán post Covid-19
Por Redacción |