Un menor causa danos no mobiliario urbano en Lourido
Por Redacción
A Policía Local de Poio pillaba "in fraganti" durante estes días de altas temperaturas a un menor causando danos no mobiliario urbano na zona de Lourido.
Os axentes detectaron ao adolescente de 14 anos rompendo un valado con paus nesta zona do municipio de Poio. Unha vez identificado polos efectivos policiais, o menor foi entregado ao seu titor legal, que foi informado dos acontecementos.
Ademais, os axentes tramitaron un informe sobre a incidencia que se remitiu á Fiscalía de Menores para que actúe en consecuencia. A Policía Local lembra que ante calquera incidencia poden poñerse en contacto cos axentes a través do teléfono 689.575.495