Marín navega entre corsarios
Por Diego Torrado
Durante este fin de semana, a Alameda de Marín acolle 48 postos de venda que recrean os tempos entre os séculos XV e XVIII cando os mares eran saqueados por bucaneiros e corsarios. Por segundo ano consecutivo, a vila é tomada por corsarios nunha festa que comanda Juan Gago de Mendoza que, nas últimas horas, recibía a chave da cidade de mans da propia alcaldesa, María Ramallo.
Ademais de postos de venda nos que se poden encontrar produtos gastronómicos típicos a artesanías de tea ou coiro, tamén se desenvolven diferentes actividades populares con talleres de tiro con arco, xogos infantís, actuacións musicais e espectáculos teatrais.
As actividades desenvólvense durante o fin de semana de 11 a 14:30 horas e de 19 horas ata a media noite.