Quirónsalud Miguel Domínguez reforza os seus servizos para atender a demanda sanitaria en todas as súas especialidades durante o verán
O hospital Quirónsalud Miguel Domínguez de Pontevedra normalizou a actividade asistencial e médica en todas as súas especialidades, de maneira que nos meses de xullo e agosto a actividade manterase a pleno rendemento para dar cobertura a todos os pacientes.
O hospital implantou un plan específico para poder estar totalmente operativo durante os meses de verán e atender aos pacientes da súa área sanitaria e aos turistas que pasan as súas vacacións nas Rías Baixas. Este plan inclúe a apertura das axendas e recursos adicionais para poder garantir a continuidade de probas diagnósticas, consultas e cirurxías durante a estación estival.
Desde o pasado mes de maio o hospital Quirónsalud Miguel Domínguez foi retomando a actividade asistencial recuperando operacións programadas, consulta de especialistas, probas diagnósticas e procesos de rehabilitación.
HOSPITAL SEGURO FRONTE AO COVID-19
Para garantir a seguridade dos pacientes e dos profesionais, o hospital implantou un conxunto de medidas que lle permitiron obter o selo Protocolo Seguro Covid-19 de Applus+.
O hospital solicita a colaboración dos pacientes para que acudan con puntualidade ás súas citas, é tan importante non chegar antes de tempo como non facelo despois. Han de acudir sen acompañante, salvo que sexa imprescindible, e con máscara.
As consultas con médicos especialistas e as probas diagnósticas reorganizáronse co obxectivo de cumprir con puntualidade as citas e reducir a presenza de pacientes nas salas de espera, que se acondicionaron para respectar as distancias de seguridade. Naqueles casos nos que non sexa necesaria a exploración física, o hospital fomenta a opción da teleconsulta, xa sexa por vídeo ou por teléfono.
No caso dos pacientes cirúrxicos, realízase un screening previo. Tamén se estableceron circuítos asistenciais completamente diferenciados para atender as necesidades de cada paciente e reducir ao máximo o risco de contaxio nas instalacións.