Os arroaces báñanse entre a Ponte das Correntes e a do Burgo
Por Redacción
Durante as últimas horas en varias ocasións, as persoas que transitaban pola contorna do paseo do Lérez pola Avenida de Uruguai e por Domingo Fontán puideron ver as habilidades dun grupo de arroaces que entraban pola desembocadura do Lérez situándose entre a ponte de As Correntes e o do Burgo.
Estes golfiños aproveitaban a preamar que se rexistraba preto das 12.00 horas para penetrar nesta zona da contorna urbana quizais en busca de alimento ou de augas máis quentes, porque segundo o servizo de Meteogalicia, a temperatura do mar atópase durante este mércores 15 a tan só 14 graos de temperatura nas Rías Baixas.
Estes mamíferos acuáticos adáptanse tanto á auga salgada como á doce e adoitan ter unha lonxitude de entre tres a catro metros e presentan unha cor gris escura na parte superior do corpo e gris clara na zona inferior.
Nos últimos anos, cada vez é máis frecuente velos na ría de Pontevedra en busca de alimento e, en ocasións como na mañá deste mércores, superando a zona do Club Náutico. Hai décadas a presenza destes simpáticos animais era habitual nesta zona da contorna de As Corbaceiras.
Relacionadas:
-
Rescatan un golfiño varado en Sanxenxo e devólveno ao mar en Pedras Negras
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Avistada unha manda de candorcas nas Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
VIDEO.- Xa están aquí as pequenas quenllas azuis
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra inaugurará o 4 de agosto a renovada ponte do Burgo
Por Alejandro Espiño |
-
Así xogan os golfiños no río Lérez
Por Redacción | Creada e actualizada